Friday 03 de May de 2024

Acto de homenaxe ás voluntarias e voluntarios dos centros cívicos municipais


O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou esta mañá, xunto co concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, no acto de homenaxe ás voluntarias e voluntarios dos centros cívicos municipais, coincidindo coas actividades polo Día Internacional dos Voluntarios, que se conmemora o próximo venres, 5 de decembro.

Carlos Negreira agradeceu aos 106 voluntarios e voluntarias que colaboran en 2014 coa Concellaría de Servizos o seu labor solidario en 14 centros cívicos da cidade. “Esta cidade sempre levou a bandeira da solidariedade; e vós formades parte desa colaboración solidaria”, afirmou o alcalde, quen animou aos mozos a participar para, entre todos, formar unha “longa cadea humana da solidariedade e o compañeirismo”.

A inscrición de voluntarias e voluntarios realízase a través dos centros cívicos, da web municipal -www.coruna.es- e no teléfono de información 010, onde as persoas interesadas deixan os seus datos de contacto para que o persoal técnico poida contactar con elas e concertar unha entrevista.